CompaContos

 

A Coruña, 20 de maio de 2021 

 

Estimados/as familiares: 

Diríxome a vostedes para contarlles como profesora do grupo de ESO do colexio Compañía de María (A Coruña), en que consiste o proxecto CompaContos que con tanto agarimo crearon e están a desenvolver en colaboración coa aula do hospital Teresa Herrera (A Coruña). 

O seu obxectivo en todo momento foi conseguir un sorriso dos/as nenos/as da planta de Oncopediatría polo que argallaron con ilusión o seguinte plan: 

Este minucioso plan agocha a crenza real dos meus alumnos/as de que con este conto conseguirán curar dalgunha forma aos/as meniños/as do hospital.   

Axúdasme a que sigan crendo que o cariño, a ilusión e a palabra son quen de sacar un sorriso curativo? 

 

 


Fdo. Sabela Moralejo Naveira.