Xa hai tres cursos que a nosa profe, cando tocaba estudar o texto cotiá (cartas, postais, correos...), nos propuxo crear algo con dúas condicións: 1.- Utilizar algún tipo de texto cotiá.2.-Transformar algo da nosa sociedade. O resultado é este proxecto que estamos a compartir con vós. Compacontos! Podedes ver o proxectoque lles ensinamos ao equipo directivo do noso colexio, Compañía de María, para poder realizar un proxecto deste tipo. Unha vez que a nosa directora nos permitiu seguir adiante, enviámosllo ao departamento de humanización do hospital Sta. Teresa Herrera (A Coruña). Tras un tempo de espera, obtivemos a resposta. Compacontos era posible! Grazas á marabillosa colaboración de Laura, a profesora da ciberaula do hospital puidemos empezar a nosa aventura.